INGAVI SOMM 20/21 - Curso Superior de Sumiller Profesional

Instituto Galego do Viño organiza a oitava edición do seu Curso Superior de Sumiller Profesional, que se desenvolve entre setembro de 2020 e xuño de 2021. As clases teñen lugar todos os luns, en horario de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00, no Espazo OFF da Cidade da Cultura de Galicia.

O Curso Superior de Sumiller Profesional é o único máster privado en Galicia orientado á formación de profesionais do sector do viño e un dos cursos para sumilleres máis completos de España, ofrecendo clases presenciais con Masters of Wine, Sommeliers de tres estrelas Michelin, doutores en enoloxía, bodegueiros de renome...; máis de 500 viños catados por ano e 5 viaxes formativos nacionais e internacionais a zonas vitivinícolas.

O curso ofrece unha formación profunda e completa aos profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumiller no sector vitivinícola, hostaleiro ou turístico, con docentes do prestixio de Josep Roca, Ferrán Centelles, César Cánovas, Raúl Pérez, etc.

Este programa de especialización profesional aborda a xestión dos viños desde unha perspectiva integral que inclúe fundamentos de viticultura, enoloxía e cata, así como técnicas de mercadotecnia aplicadas ao viño.

Así mesmo, a través dun programa eminentemente práctico profunda nos coñecementos necesarios para que o alumnado asuma novos retos, tales como: a difusión da cultura do viño, o desenvolvemento do enoturismo como alicerce da nova economía rural, a procura de novos mercados nacionais e internacionais, ou a orientación á calidade e á innovación nos sectores vitivinícola e hostaleiro.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h