O martes 24 de setembro, a Cidade da Cultura acolle o III Workshop do Plan Nacional de Investigación en Conservación (PNIC) do Ministerio de Cultura. O PNIC proponse como ferramenta de xestión e marco conceptual no que se programan e financian as actuacións de investigación en conservación do patrimonio –ciencias da conservación–, desde a Administración Central e tamén desde as Comunidades Autónomas.
PROGRAMA
10:00 – 10:45 | Plans Nacionais de Patrimonio Cultural e o PNIC: liñas de traballo, proxectos e actuacións | Representantes do IPCE
10:45 – 11:15 | “Presentación da Rede de Ciencia e Tecnoloxía para a Conservación de Patrimonio Cultural (TechnoHeritage) e das colaboracións entre o grupo de Polímeros da USC e o CGAC” | Massimo Lazzari
11:45 – 13:45 | Presentación de proxectos de investigación en conservación do patrimonio cultural desenvolvidos en Galicia:
- Ignacio López de Rego Uriarte + equipo | Muralla de Lugo, experiencia no deseño de herbicidas ecolóxicos a base de aceites esenciais e outros tratamentos “ecolóxicos” para o control da colonización vexetal da Muralla de Lugo.
- Jorge Mira Pérez | Algoritmos para analizar o comportamento do aire e outros parámetros ambientais no interior dos Bens de Interese Cultural – Proxecto RETECH – KHN. Experiencia na Catedral de Santiago e proxectos-investigación en execución en Santa Eulalia de Bóveda e Catedral de Santiago.
- Antonio Tort | Introdución e desenvolvemento da aplicación do sistema BIM aos proxectos de conservación e restauración de bens inmobles do patrimonio cultural. Guía de modelado BIM dos bens patrimoniais. Accións desenvolvidas ata o momento para a súa implantación na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
- Beatriz Prieto Lamas | Caracterización de materiais e axentes de deterioro nas fábricas dos bens inmobles do patrimonio cultural.
- Manuel Touza Vázquez | Investigación sobre a madeira e as técnicas de carpintería no patrimonio cultural – Patrimonio cultural inmaterial vencellado ao uso da madeira.
- M.ª Teresa Rivas Brea | Presentación de dúas liñas de investigación sobre materiais pétreos: os métodos de limpeza de costras negras e os métodos de desalación electrocinéticos.
13:45 – 14:30 Coloquio e intercambio de experiencias e opinións.
























