III Feira de proxectos PITEAS

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional,Carmen Pomar, inaugurará a III edición da Feira PITEAS 2019, onde 17 centros educativos expoñen os seus traballos no marco deste programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas.

Piteas é unha iniciativa promovida pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, que naceu en maio de 2016 como un proxecto de mellora da formación do profesorado e de apoio e asesoramento aos centros educativos na detección e educación do talento do alumnado.

O obxectivo principal deste  programa é potenciar o talento nas aulas a través da implantación dun modelo de enriquecemento para todo o alumnado, baseado no modelo SEM (Schoolwide Enrichment Model), de Renzulli e Reis, da Universidade de Connecticut, adaptándoo á nosa realidade educativa e, especialmente, seguindo as directrices europeas no relativo ao desenvolvemento das competencias clave.

O programa inclúe un plan de formación do profesorado, a implantación de proxectos na aula, a presentación e difusión de ditos proxectos, e unha investigación da USC que inclúe a avaliación das competencias do alumnado.

A filosofía SEM, a investigación e a ciencia, a oratoria, o debate e a comunicación son algunhas das liñas de traballo por proxectos do profesorado dos centros educativos participantes en PITEAS no período 2016-2020.

Rede de centros PITEAS

Desde que se puxo en marcha por primeira vez no curso 2016/17, a rede de centros PITEAS foise ampliando de xeito paulatino ata acadar os 17 centros actuais (incluídos os 7 centros experimentais que agora foron obxecto de seguimento), que acadan os 2.665 alumnos e preto de 500 docentes implicados. Todos eles exporán os seus proxectos na feira PITEAS.

A maiores, a través da liña de traballo de Escola inclusiva e atención á diversidade do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) da Consellería, nestes momentos hai 11 centros iniciándose no coñecemento do modelo SEM e, unha vez finalizado este achegamento, poderán optar a incorporarse á rede PITEAS de traballo con proxectos e apoio con mentorización.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI