II Encontro de xestores de itinerarios culturais europeos

O Ministerio de Cultura y Deporte e a Xunta de Galicia organizan na Cidade da Cultura, os día 8 e 9 de marzo de 2023 o II Encontro de xestores de itinerarios culturais europeos en España.

Participarán neste congreso para técnicos especialistas a maior parte dos 25 itinerarios europeos representados en España. Roteiros de tanta significación como o o Megalitismo, a arte Rupestre Prehistórica, os Viquingos, os Xudeus, Carlos V e o Camiño de Santiago, entre outros.

Contando con conferencias específicas e mesas redondas de traballo, o obxectivo xeral deste II Encontro é desenvolver as liñas de actuación para o coidado, estudo e promoción dos itinerarios europeos en territorio español, seguindo o modelo de xestión do Camiño de Santiago, declarado polo Consello de Europa, en 1987, Primeiro Itinerario Cultural europeo.

A experiencia de xestión do roteiro xacobeo, despois do éxito promocional do Xacobeo 21-22, será moi relevante neste encontro de técnicos, no que tamén participarán representantes da Xunta de Galicia, do Ministerio de Cultura e do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta