Galicia TIC 2016

Despois de trece edicións, GALICIATIC pódese considerar como un evento consolidado, tanto pola asistencia de profesionais como polo apoio do propio sector TIC, para o cal este evento constitúe unha cita anual ineludible.

Como nas edicións anteriores, o noso interese é mostrar as tendencias máis actuais nas tecnoloxías TIC, dende o punto de vista da oferta global e da man dos líderes tecnolóxicos globais, que serán de interese para o sector empresarial e profesional, e que poidan mellorar aquelas nocións básicas da competitividade nos tempos actuais. Para iso propóñense unha serie de temas de gran actualidade que poidan atraer a atención do mundo profesional, empresarial e académico de Galicia ao redor das TIC.

O dixital está a traer cambios sen precedentes. Hai novas tecnoloxías e solucións, máis datos que nunca, sistemas novos e herdados que coexisten, un aumento da colaboración (dentro e fóra da empresa), novas alianzas, novas startup... É o que se denominou Transformación Dixital (TxD)

Pero a trasformación dixital non é nova, e sobre todo, non é unha área exclusiva das empresas tecnolóxicas. A primeira gran onda de revolución tecnolóxica centrouse no acceso e interconexión e a segunda nas aplicacións. A estas alturas, a Transformación Dixital baséase no realineamento de negocio ou no novo investimento en tecnoloxía co obxecto de mellorar a conexión co cliente dixital, mellorando a súa experiencia como usuario; e todos os negocios de todos os sectores sen excepción deberán trazar a súa estratexia dixital da forma correcta para resultar exitosos.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta