A xornada Galicia en dixital ten como obxectivo facilitar o encontro e participación dos axentes máis representativos de Galicia e debater sobre o estado da sociedade dixital ao redor da cidadanía, as empresas e as Administracións Públicas.
Entre os relatores figuran o director global de Emprendemento de Telefónica, Miguel Arias; o director de AAPP e Grandes Empresas do Territorio Norte de Telefónica España, Manuel Ángel Alonso Pérez; o director de Innovación de Abanca, Eduardo Aldao Castelo; o CEO do grupo Optar, Luís Álvarez-Sestelo, e a cofundadora e CEO de Deicom Technologies, Adriana Vázquez.
Tras a apertura institucional, celebrarase un relatorio sobre emprendemento e, posteriormente, terá lugar unha mesa redonda que abordará ‘Os retos da transformación dixital na industria galega’. A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presidirá o acto de clausura, durante o cal estará acompañada polo director Territorio Norte de Telefónica España, Francisco Javier Zorrilla.
























