FP Innova 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organiza FP Innova 2025, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar entre os días 26 e 28 de marzo na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase da séptima edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia.

A axenda e información completa de FP Innova 2025 pode consultarse na seguinte páxina web.

O congreso contará cunha zona expositiva distribuída nas plantas -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que as persoas asistentes poderán coñecer:

  • A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 35 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.
  • A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de 16 proxectos que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende.
  • A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D, entre outros.

O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. O horario de apertura da zona expositiva será: mércores 26 e xoves 27: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h; venres 28: de 10:00 a 14:00 h.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h