A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza novamente o Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. O congreso contará cunha zona expositiva, na que se amosarán algúns dos proxectos de innovación tecnolóxica e didáctica desenvolvidos por centros galegos de formación profesional, así como proxectos resultantes do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.
Os obxectivos do congreso e da exposición son:
- Facer partícipe a comunidade educativa e a sociedade da potencialidade dos centros de formación profesional cara á innovación tecnolóxica e didáctica e o emprendemento, destacando a importancia para o futuro das actuacións que se están a levar a cabo nos centros que imparten estas ensinanzas.
- Difundir a importante actividade innovadora xerada polo profesorado e o alumnado de formación profesional: proxectos de innovación tecnolóxica en colaboración con empresas, a FP Dual, a Rede de Centros Integrados de Formación Profesional e as crecentes colaboracións co sector produtivo.
- Dar un paso máis na relación coa pequena e a mediana empresa dos centros e das redes de centros de formación profesional, na procura dunha mellora continuada dos procesos produtivos, do incremento da competitividade e da internacionalización.
- Afianzar a cada vez maior colaboración entre os centros de FP e os sectores produtivos correspondentes, que redunde nunha mellora da cualificación e da empregabilidade dos/das futuros/as profesionais.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
























