Foro & Premios Galicia Alimentación 2019

O Clúster Alimentario de Galicia organiza o IV Foro Galicia Alimentación. Un espazo de encontro para a  análise das tendencias de consumo e os desafíos globais do sector dos alimentos e as bebidas, tamén unha plataforma de divulgación das boas prácticas e permitirá, ademais, xerar conexións e oportunidades de colaboración no sector. No Foro analizaranse aspectos como a innovación, o deseño e a sustentabilidade na cadea de valor e as tendencias globais en alimentación e saúde

Así mesmo, neste marco, entregaranse os V Premios Galicia Alimentación, os cales pretenden contribuír a promocionar os produtos alimentarios e as bebidas de Galicia, os proxectos e as empresas e institucións relacionadas e incrementar a súa visibilidade de forma que adquiran unha importancia relevante na sociedade. A través deles, recoñécese o esforzo das empresas por crear produtos innovadores, evolucionar no seu modelo de negocio cara a unha maior competitividade e sustentabilidade ou desenvolver novas estratexias de mercado e internacionalización. Así como, o labor das institucións que apoian ao sector alimentario no devandito crecemento.

A entrega de premios, prevista para as 14h, estará presidida polo presidente da Xunta de Galicia.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI