O Club Internacional de Xadrez BICAPAWN —club de xadrez avalado pola FIDE e auspiciado pola Federación Española de Xadrez (FEDA)— organiza o Festival de Xadrez BICAPAWN Xacobeo, campionato de xadrez internacional que se celebrará durante catro días, do 19 ao 22 de outubro de 2022 na Cidade da Cultura.
O campionato componse de 5 torneos diferentes, incluíndo 4 torneos de blitz e un de rápidos, abertos a todo tipo de competidores, tanto adultos como categorías Sub, aos que convida a participar co propósito de divertirse, desenvolver habilidades e compartir a súa afección nun encontro internacional que converterá o Museo Centro Gaiás no epicentro do xadrez.
O Festival de Xadrez BICAPAWN Xacobeo preparou un fondo total de premios netos de 70.000 euros, distribuídos entre os premios dos torneos individuais e os do Gran Premio.
Ademais, o campionato celebra o ano 2022 como o Ano da Muller no Xadrez, tal e como o avala a FIDE, aspirando a un futuro no que as mulleres compitan ao mesmo nivel que os homes no xadrez e contribuíndo a romper as barreiras que frean este avance. Igualmente, a organización quere promover o xadrez entre os nenos e nenas, xa que se trata dun deporte que achega moitos beneficios desde idades temperá: pensamento analítico, estratexia, capacidade de aprendizaxe e moito máis.
Máis información e inscricións AQUÍ.
























