Evento presentación proxecto EDIH-DATAlife

O próximo 30 de marzo pola mañá terá lugar na Cidade da Cultura o evento de presentacion do proxecto EDIH-DATAlife, no auditorio Xosé Neira Vilas.

O proxecto EDIH-DATAlife está centrado na implementación de tecnoloxías disruptivas en fases de validación e demostración cun gran potencial para aumentar a competitividade das empresas galegas e da administración pública, pero pouco difundidas na actualidade. 

Os tres obxectivos que persegue este proxecto son:

  1. 1.  Aumentar a competitividade das empresas, e especialmente das pemes, mediante a adopción de tecnoloxías de IA e Big Data, promovendo a creación de espazos de datos federados e a súa explotación colaborativa.
  2. 2.  Compartir boas prácticas con outras rexións a través do seu comité de expertos, con embaixadores a nivel nacional e internacional, e con relacións estratéxicas coa participación en redes de colaboración DIHs.
  3. 3.  Ser un portelo único de servizos, proporcionando ás empresas acceso a solucións dixitais avanzadas a través de infraestruturas modernas para a experimentación e validación tecnolóxica.

Unha vez finalizada a xornada, o equipo realizará reunións bilaterais coas entidades interesadas en coñecer máis sobre o proxecto e os servizos que se ofrecerán. En caso de necesitar resolver dúbidas ou obter máis información, podedes reservar unha reunión enchendo o formulario da web de proxecto.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta