Entrega de premios Frei Martin Sarmiento e Concurso de curtametraxes REC- Curta

A Cidade da Cultura acolle a entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento, unha actividade de animación á lectura en lingua galega mediante a que Escolas Católicas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística propoñen unha serie de libros finalistas en diferentes categorías dende Educación Infantil ata Bacharelato que os alumos len ao longo do curso e emiten as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das diferentes categorías.

Ademais, no mesmo acto, comunicaranse os gañadores do concurso de curtametraxes REC-CURTA,  actividade de potenciación e dinamización da lingua galega no eido audiovisual. Os alumnos de ESO, Bacharelato e F.P. poden  presentar as súas curtas orixinais en lingua galega sobre calquera temática

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada