A Cidade da Cultura acolle o xoves, 27 de outubro, a entrega da cuarta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, certame que favorece o emprendemento no eidos das industrias culturais en Galicia.
Nesta nova edición o gañador na categoría de Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en Internet foi I’m a local, un proxecto de Alexandra Touza e Sonia Márquez, que desenvolveron unha aplicación móbil que opera como escaparate para dar a coñecer a pequenos produtores. Cake artist foi a proposta galardonada no apartado de ‘Deseño, creación artística e plástica’ e no que Daniel Diéguez combina a tecnoloxía de impresión 3D co mundo da repostería.
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
11 abr 2026
11 abr 2026

























