Enleadas | Obradoiro colectivo de cestería con Idoia Cuesta e Julia de la Cal

No marco da programación do Día Internacional dos Museos (DIM19) desenvolverase no Andar 0 do Museo Centro Gaiás o obradoiro colectivo de cestería Enleadas, impartido polas artesás Idoia Cuesta e Julia de la Cal, dúas das nosas cesteiras máis vangardistas e internacionais.

Neste obradoiro participativo crearase colectivamente unha escultura con vimbio buff aplicando a 'cestería intuitiva', unha técnica de tecido ao azar, tamén chamada 'técnica niño' porque está inspirada no xeito en que os paxaros tecen os seu niños libremente na natureza.

O taller non está pois dirixido á aprendizaxe de técnicas de cestería, senón a que todas as persoas participantes poidan aportar o seu grao de area a esta obra de artesanía colectiva, sen precisar coñecementos previos. Baixo a dirección das cesteiras traballarán tecendo e entrelazando varas de vimbio sobre unha estrutura inicial para conseguir ao final do obradoiro unha grande escultura que ficará exposta no Museo Centro Gaiás ata o vindeiro mes de setembro. Precisamente o título da actividade, Enleadas, quere facer referencia tanto ao 'enleado' do vimbio para tecer as pezas, como á implicación da colectividade para crear en conxunto esta peza de artesanía con diversos volumes e figuras de gran tamaño con formas orgánicas que fluirán no hall do Museo Centro Gaiás.

Se queres 'enlearte' connosco para celebrar o Día dos Museos, podes reservar xa a túa praza para a quenda que prefiras. O obradoiro desenvolverase durante as xornadas do 18 e 19 de maio en quendas de mañá (10.30-14.00 horas) e de tarde (16.00-20.00 horas).

Idoia Cuesta

Nacida no País Vasco pero afincada en Lugo, é unha das nosas artesás máis recoñecidas. Premio Nacional de Artesanía 2014, a súa actividade está ligada á cestería e ao téxtil. As pezas realizadas por Idoia chegaron á Pasarela Mercedes Benz Fashion Week de Madrid, xunto á creadora e deseñadora Sara Coleman, ou á casa LOEWE, firma de moda coa que segue colaborando. A través da realización de bolsos ou complementos, Idoia Cuesta participa habitualmente en proxectos conxuntos con firmas de moda ou deseño, o que lle permitiu introducir a cestería no mercado contemporáneo.

Julia de la Cal

Deseñadora e artesá formada na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña e na Escola Massana de Barcelona. Na súa etapa en Barcelona achégase ao mundo da cestería, e fórmase na Escola Catalá de Cistelleria, en cursos de cestería tradicional francesa e cestería experimental. Traballa, investiga e experimenta coas linguaxes da arte, a artesanía e o deseño e toma contacto directo coa cestería europea e o cultivo do vimbio. Establecida en Galicia desde 2015, compaxina o deseño gráfico coa cestería e colabora con institucións e colegas artesáns, impartindo cursos formativos sobre cestería.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h