Encontro Alzhéimer hoxe | Atención integral e especializada en demencias

No marco da formación 2022 a Federación Alzhéimer Galicia organiza un encontro no que se poñerán en valor as Unidades Terapéuticas para que estas sexan recoñecidas desde a perspectiva sanitaria como un servizo de atención integral e especializada en demencias. Un recurso de gran valor no referente á prevención e o diagnóstico precoz.

Tras o éxito acadado no primeiro encontro de expertos celebrado en setembro de 2021, a Federación quere extender esta iniciativa a diferentes edicións ao longo do tempo.

O obxectivo destas xornadas é propiciar un debate sobre un tema de actualidade relacionado coas demencias e fomentar o intercambio de ideas dos diferentes profesionais que traballan cara a cara co alzhéimer. Deste xeito conséguese crear unha rede de atención cohesionada e forte cun obxectivo común: mellorar a atención e a calidade de vida das persoas con demencias e as súas familias.

Intervintes

Nesta ocasión o Encontro reunirá a profesionais da rama da psicoloxía, neuroloxía e atención primaria de todo o territorio nacional.

  • Enrique Arrieta Antón: médico de atención primaria en Segovia, membro de SEMERGEN (Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria)
  • María José Moreno Carretero: Neuróloga do Hospital Universitario de Vigo (CHUVI)
  • Roberto Suárez Canal: Psicólogo. Director Centro Residencial "Dolores Castañeda"- AFA VITAE. Coordinador Federación Provincial Alzheimer de Cádiz

 Ademais estarán acompañados pola presidenta da Federación Alzhéimer Galicia, Isabel Gey.

Unha vez máis cóntase coa colaboración especial da recoñecida xornalista e experta en comunicación oral, Isabel Pichel, quen será a encargada de dinamizar e moderar as intervencións dos expertos.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h