#EmprendeGaiás19

Como complemento á xornada CreaGaiás, o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura lanza, a través da rede social Instagram, o certame #EmprendeGaiás19, unha iniciativa dirixida a instagramers de toda Galicia que os anima a publicar fotografías relacionadas coa temática do emprendemento

Poderán participar en #EmprendeGaiás19 persoas físicas maiores de 18 anos cunha conta pública na rede social Instagram, que sexan seguidoras da @cidadedacultura nesta rede social e teñan interese pola fotografía, a creatividade, as artes visuais, os procesos de creación e o traballo emprendedor.

As imaxes a concurso deberán abordar de xeito creativo e orixinal as características do traballo emprendedor e compartirse de xeito público desde o 14 de marzo ata o 7 de abril nesta rede social acompañadas do hashtag #EmprendeGaiás19. Entre todas as imaxes compartidas serán elixidas un máximo de 20 finalistas que poderán optar ao premio final de 300€ que recibirá á mellor fotografía.

O premio será outorgado por un xurado especializado e entregado na xornada CreaGaiás que se celebrará o 11 de abril de 2019 no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Poden consultarse as bases de participación no apartado de descargas desta mesma páxina.

Na primeira edición de EmprendeGaiás celebrada en 2018 foi galardoada a imaxe presentada por @nuria_diaz e que ilustra esta información.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h