A Cidade da Cultura acollerá o próximo 12 de xuño a primeira edición de El Campus, un novo festival musical presentado como “o maior evento universitario”, que reunirá música en directo, DJs, food trucks, barras, xogos e diferentes actividades ao longo da noite. O festival arrancará ás 19.00 horas e prolongarase ata ben entrada a madrugada.
A cita, integrada nos Concertos do Xacobeo, converterá o Gaiás nun gran espazo de encontro arredor da música electrónica e urbana, cun cartel que combina artistas nacionais e algúns dos DJs máis destacados da escena galega. O line up estará formado por Frikboys (Juan e Erra DJ set), Dumore, Kike Varela, Borja Solla, Sote, Carlos Barral, Flowsantos e Places.
As entradas poden adquirse na web do festival.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Sáb — Dom
12.00 e 17:00 horas


























