Día dos Arquivos

O Arquivo de Galicia celebra este xoves 9 de xuño o Día dos Arquivos. A partir das 13:00 horas, a Cidade da Cultura acollerá o acto de presentación pública do depósito do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos do País (RSEAP) de Santiago no Arquivo de Galicia, un fondo documental relevante para a investigación histórica e de gran valor patrimonial.

Ademais, o Arquivo de Galicia exhibe durante esta semana unha mostra cunha selección de documentos deste fondo, que inclúe os primeiros estatutos da RSEAP, o primeiro libro de contas, actas, memorias, estudos e informes sobre avances en diferentes ámbitos etc., que se pode ver na Aula 1 do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura.

Ese mesmo día, o Arquivo de Galicia tamén promove unha xornada de portas abertas de 9 a 14 horas e visitas guiadas, previa inscrición.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h