Día do Libro na Biblioteca de Galicia 2026

Un ano máis a Biblioteca de Galicia únese á celebración do Día do Libro cunha proposta que trata de achegar o funcionamento da institución ao público, abrindo as súas portas a unhas visitas guiadas que percorren lugares das instalacións ás que non se pode acceder normalmente. Ademais haberá agasallo de libros sorpresa para as persoas usuarias que se acheguen durante esta xornada á Biblioteca ata esgotar existencias.

Visitas guiadas

Nestas visitas especiais que organiza a Biblioteca co motivo de efemérides específicas, o persoal técnico explicará aos asistentes os servizos que ofrece a institución, amosando espazos de acceso restrinxido onde se custodian a maior parte dos seus fondos. 

Agasallo libros

Todas as persoas que se acheguen ás instalacións durante a xornada do 23 de abril poderán coller unha destas bolsas sorpresa, situadas no mostrador de acceso á sala de consulta. Entregaranse ata agotar existencias.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h