Demoday: Startups R DiCo Challenge

Demo Day dos proxectos empresariais da aceleradora de contidos dixitais Startups R Dico Challenge, impulsada polo operador galego e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O comité avaliador do programa seleccionou cinco iniciativas que dan resposta aos retos lanzados a final de ano para ofrecer solucións en retransmisións de eventos deportivos, aplicacións para Android TV, contidos formativos innovadores e Big Data aplicado ao consumo televisivo. Entre os obxectivos principais da aceleradora están o rendibilizar a medio prazo as solucións que xurdan e axudarlles a atopar unha saída áxil e eficaz no mercado, mesmo con R como primeiro cliente.

Esta xornada de Demo Day pecha a primeira edición de startups R DiCo Challenge e nela os cinco participantes mostrarán os avances conseguidos.

Plan Dico Mindset

O programa startups R_DiCo Challenge enmárcase no Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia (DICo Mindset), que ten entre os seus obxectivos establecer colaboracións entre empresas para abordar retos tecnolóxicos e definir novos contidos audiovisuais que poidan rendibilizarse noutros mercados, ademais de lograr a visibilidade necesaria para o sector.  

 
 
Martes, mércores e domingos
11.30 horas
Xullo e agosto: xoves, venres e sábados
11.30 HORAS
5 XUÑO - 18 AGOSTO
De 10 a 20 horas
21 XUÑO - 19 SETEMBRO
19 SET - 5 XAN 2020
De 10 a 20 horas
6, 19, 20 e 27 de xullo | 2, 3, 10, 24, 31 de agosto | 7 de setembro
Agosto e setembro
21 horas
XOVES | XULLO E AGOSTO
Diurnas, ás 19h | Nocturnas, ás 22.30h
29 AGOSTO-15 DECEMBRO
De 10 a 20 horas