De camiño ao mundo rural

Xornada sobre Desenvolvemento Rural e Turismo, organizadas co de desenvolver unha estratexia global para previr o abandono e incentivar a repoboación das zonas rurais a través dun enfoque holístico incluíndo a agricultura, o turismo e o desenvolvemento rural no seu sentido máis amplo.

A conferencia está dirixida a representantes de institucións e administracións, profesionais no campo da agricultura, ó desenvolvemento rural e rexional, organismos e administracións relacionados directa e indirectamente co desenvolvemento rural e rexional, co turismo, co comercio, co sector privado, mestres, investigadores e estudantes universitarios, centros de tecnoloxía e investigación, etc.

Por iso, a conferencia abordará en paralelo o desafío de dar nova vida ás zonas rurais en catro bloques temáticos:

  • Xestión de terras – retos e oportunidades (taller de LANDNET)
  • O Turismo - porta ao mundo rural
  • Da terra á Terra
  •  Mulleres liderando no rural

Debateranse durante tres días en diferentes sesións plenarias e paralelas con relatorios chaves e en mesas redondas. O primeiro día estará reservado para unha presentación crave introducindo o tema global cun relator de alto nivel, seguido pola tarde de presentacións dos catro módulos e as súas interaccións.

O primeiro día pecharase cunha mesa redonda con representantes de nivel alto (técnico) seleccionados das institucións relevantes que traballan coa materia, e un debate co pleno. Os demais días serán organizados ao redor dos catro módulos temáticos en paralelo.

Finalmente realizaráse unha sesión de peche cunha mesa redonda onde os moderadores dos catro módulos presentasen os resultados/conclusións máis destacados e debaterase co público sobre como se pode contribuir a mellorar a situación. Engadiríase un día de campo opcional para os que están interesados en coñecer proxectos innovadores xa levados a cabo en diferentes lugares en Galicia e experimentar a realidade do campo.

As xornadas terán lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela do 5 ao 8 de novembro de 2019.

 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI