Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o vindeiro 26 de setembro a xornada “Da idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego”.

O evento, que se celebrará na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, permitirá coñecer de primeira man casos de uso nos que se revela o potencial do deseño para favorecer a diferenciación, a funcionalidade, a experiencia de usuario, a sustentabilidade e a accesibilidade, entre outros factores.

As cinco empresas participantes expoñerán a necesidade que orixinou os seus proxectos, as colaboracións con profesionais do deseño para desenvolvelos, as dificultades atopadas e como se abordaron e os beneficios obtidos da aplicación dos seus resultados.

A cita, organizada no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, está aberta a profesionais do deseño das diferentes áreas de especialización, estudantes, empresas galegas de todos os sectores de actividade e calquera entidade interesada en potenciar o deseño como ferramenta de innovación e sustentabilidade nas súas organizacións.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI