CorreSan: Ruta dos Parques

O circuíto de carreiras saudables, CorreSan celebra o domingo 14 de stembro a Ruta dos Parques, con saída desde a Cidade da Cultura ás 11 horas. O trazado da categoría absoluta desenvólvese ao longo de 5,5 km, atravesando o Bosque de Galicia para continuar polo Paseo Fluvial de Sar e remtatar no parque Eugenio Granell.

Haberá tamén categorías para nenas e nenos cun percorrido de cun percorrido de 1,1 km e para a rapazada con 2,1 km de distancia.

As inscricións están abertas a través da web de Carreiras Galegas.

O circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN 2025 é un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento municipal de deportes. O circuíto representa unha iniciativa que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo na súa vertente máis popular. 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta