Congreso MarRISK

O Plató Galicia MICE acolle o congreso - reunión do proxecto MarRISK, enmarcado dentro do programa POCTEP, para unha mellor adaptación ao cambio climático da costa de Galicia e norte de Portugal.

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, e a subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, María Luz Macho, inaugurarán ás 16 h do 19 de outubro un dos seminarios do proxecto.

MarRisk pretende asegurar un crecemento intelixente e sostible das zonas litorais de Galicia e Norte de Portugal mediante a avaliación dos riscos costeiros máis importantes nun escenario de cambio climático.

Inundacións, intensificación de eventos extremos, episodios de algas tóxicas ou erosión costeira son exemplos de riscos a analizar co fin de mellorar a  resiliencia dos sectores económicos tradicionais e doutros sectores emerxentes como as enerxías renovables mariñas.

Desta forma, mellorarase a adaptación da área de cooperación ante posibles catástrofes e desenvolveranse aplicacións e servizos para garantir unha resposta coordinada, xa que os riscos ambientais esixen un enfoque  tranfronterizo.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta