Congreso internacional Observa_Acción

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a través do CAFI, organiza o Congreso internacional Observa_Acción o 4 de outubro de 2023 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Un total de 36 centros educativos galegos participan neste programa para fomentar o desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre os profesores. O congreso está aberto á participación de profesorado a través da plataforma FProfe co código G2314001.

En concreto, o intercambio permite experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros, ao tempo que se facilita aos docentes a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación ou vías de xestión dos recursos propios e alleos que desenvolven outros centros. Así mesmo, favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras comunidades autónomas ou países.

O programa Observa_Acción desenvólvese en catro fases. A primeira e segunda fase desenvolvéronse a nivel galego durante o pasado curso escolar e neste primeiro semestre está previsto abrir a colaboración e observación a outras comunidades autónomas adheridas ao programa. Finalmente a cuarta fase, de febreiro a xuño de 2024, será a de internacionalización. Consistirá nunha estadía nun centro educativo dun dos países socios europeos, o que permitirá aos docentes entrar en contacto coa realidade diaria dun sistema educativo nun contexto internacional.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI