Conferencia Michel Prieur: O Convenio Europeo da Paisaxe

O vindeiro mércores 29 de marzo, ás 16:30, o CISPAC recibirá ao experto en Dereito Ambiental, Michel Prieur, quen ofrecerá unha conferencia sobre o Convenio Europeo da Paisaxe no Edificio Fontán.

O profesor Michel Prieur é un dos máis grandes recoñecidos expertos en Dereito Ambiental, tamén coñecido por ser profesor emérito e presidente do Centro Internacional de Dereito Comparado Ambiental (CIDCE) na Universidade de Limoges. Destaca tamén, entre outras cousas, por promover en 1974 a creación da Société française du droit de lenvironnement (Sociedade Francesa do Dereito Ambiental), e en 1976 da Revue juridique de lenvironnement (Revista de Dereito Ambiental), ambas moi importantes para o Dereito Ambiental moderno e o apoio aos valores sostibles. No ano 2000 interveu como experto internacional na comisión preparatoria para a redacción do Convenio Europeo da Paisaxe que tivo lugar en Florencia, tema sobre o que versará nesta conferencia.

Máis información sobre o CISPAC e os seus eventos na súa páxina web.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027