Conecta+

Conecta+ é unha ferramenta para poñer en contacto a creadores e creadoras galegos, que teñan proxectos en fase de desenvolvemento, con produtores —tanto galegos coma do resto España— que poidan estar interesados en desenvolvelos. Os encontros de Conecta+ terán lugar o 15 de decembro de 2018 no Museo Centro Gaias na Cidade da Cultura.

O formato deste encontro é o das reunións un-a-un xa utilizado nos encontros Conecta e que demostrou a súa eficacia á hora de poñer en común proxectos. Este tipo de encontros permiten un mellor coñecemento persoal de ambas as dúas partes, unha maior profundización no proxecto, e en definitiva, máis posibilidades de atopar conexións entre a produción e a creación.

Conecta+ nace para xerar un espazo de contacto entre guionistas, directores e produtores e construír pontes entre as ideas e o mercado, coa finalidade de fortalecer os proxectos, dotalos de viabilidade económica e promover a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución.

Os participantes de Conecta+ dividiranse en dúas categorías: con proxecto e sen proxecto. Os primeiros poderán presentar as súas iniciativas a produtores co obxectivo de establecer unha colaboración profesional ou, cando menos, de recibir unha orientación que dea como resultado o fortalecemento do proxecto. Doutra banda, os produtores terán a oportunidade de coñecer novos creadores e proxectos.

Para facer todo isto posible serán invitados relevantes produtores (galegos e do ámbito nacional) nos diferentes eidos da produción audiovisual, cubrindo un amplo abano de formatos: desde a ficción comercial, ao cine experimental, os documentais, a televisión ou os proxectos transmedia.

CREA, Asociación de Directores Realizadores de Galicia promove o foro Conecta+ en colaboración coa Asociación Sindical Galega de Guionistas e coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI). Os encontros contan tamén co apoio da Agadic e da Fundación SGAE.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 xuñ 2026
Ás 12:30h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada