Concerto presentación do disco 'Xela' | Clara Pino e Pablo Vidal

Os poemas de Xela Arias vesten a música de Clara Pino e Pablo Vidal este xoves día 2 de decembro na Cidade da Cultura. O dúo presenta en concerto o seu último CD, Xela, traballo que compila as cancións que ambos compuxeron para as distintas homenaxes á poeta nas que participaron ao longo de 2021.

O concerto de presentación será no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia ás 20:30 horas, con entrada de balde ata completar as prazas.

Para Clara Pino, que coñeceu a Xela Arias nos seus anos de universidade, onde teceron unha grande amizade, a dedicatoria das Letras Galegas 2021 foi "a coartada perfecta para musicalizar os seus poemas". A iniciativa foi tan gratificante que decidiron gravar un EP cos novos temas compostos.

Xela é o segundo traballo conxunto de Clara Pino (arpa celta, voz) e Pablo Vidal, multi-instrumentista, compositor e productor.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta