Asignatura pendente do s. XXI: formación ao longo da vida

FEGAUS, Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior, organiza a xornada Asignatura pendente do século XXI: Formación ao longo da vida, para informar sobre o proceso do envellecemento, achegando a formación, experiencia profesional e talento dos alumnos dos Programas Universitarios de Maiores ( PUM) e facilitando aos maiores en particular, e á sociedade en xeral, os medios e a tecnoloxía que permitan ás persoas maiores acceder á formación e coñecementos nas TIC´ s, imprescindibles no século XXI, difundindo os PUM como ferramenta eficaz e favorable para o Envellecemento Activo dun sector da poboación que aumenta en cantidade, en esperanza de vida e en calidade das súas actividades.

As persoas maiores atópanse en condicións de fortalecer e desenvolver actividades intelectuais, culturais ou físicas, atrasándose así a deterioración mental e anímica que ocorre no proceso fisiolóxico do envellecemento. Han de sentirse protagonistas do seu proxecto vital para conseguir coa súa actitude, que a vellez sexa unha etapa máis completa de desenvolvemento vital e non unha fase de declive e déficit. Demostrar coa súa conduta que aínda poden alcanzar cotas máis altas nos diversos campos tecnolóxicos, familiares, sociais ou económicos, para os que se atopan preparados.

 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI