Adolescentes e internet. Novos espazos de ciberviolencia de xénero

A institución do Valedor do Pobo leva desde o ano 2011 traballando a prol da divulgación dos usos axeitados da tecnoloxía entre os adolescentes da comunidade. Esta experiencia permitiu coñecer con carácter pioneiro, por medio de diferentes estudos, os hábitos que os nosos menores asumen nas súas experiencias vitais virtuais e apuntar os aspectos nos que aínda resulta preciso traballar.

Cada 25 de novembro conmemórase o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Como recoñece a ONU, a violencia contra a muller constitúe unha violación dos dereitos humanos e das desigualdades aínda existentes por razón de xénero. Cando se achega esta data, a valedoría ten a tradición de organizar una xornada divulgativa aberta á cidadanía para reflexionar sobre este problema desde todos os puntos de vista.

Dada a crecente a preocupación da valedora do pobo na normalización do emprego de novos mecanismos de ciberviolencia de xénero, sobre todo entre os adolescentes, nesta ocasión queremos dar voz aos mais novos, que sexan eles quen por medio do debate nos acheguen conclusións para seguir traballando nesta liña. Para cumprir con este propósito invitamos aos propios rapaces a tomar a palabra. Convidamos a alumnos de entre 12 e 16 anos de sete centros escolares galegos a participar na xornada e achegarnos as súas impresións ou ideas acerca do sexting, a xestión da súa intimidade por medio do espazo virtual e as redes sociais, ou sobre o exercicio do ciberacoso nas aulas.

Queremos implicar tamén no mesmo aos equipos de orientadores, principal punto de partida das políticas de prevención, detección e/ou vixilancia de accións problemáticas no entorno escolar. Os grupos de traballo en torno aos que se organizará a xornada estarán dirixidos por expertos en diferentes materias, que permitirán focalizar a atención nas cuestións relevantes e guiarán a configuración, por parte do grupo, dun documento de conclusións que se lerá publicamente. Estas ideas contarán coa súa correspondente divulgación e será tidas en conta na planificación de novas accións de pedagoxía promovidas desde a institución do Valedor do Pobo.

Consulta o programa na área de descargas.

 
 
pdf 128.02 KB
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas
3 - 5 Mai 2024
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h