Acto de resolución do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (Cixug) e a asociación universitaria GPUL (Grupo de programadores e usuarios de Linux), entrega o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre na súa oitava edición.

O obxectivo do premio é o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, de xeito que poida incrementar o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías, e en consecuencia abrirlles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación, xa que ademais das cuestións éticas e de compartición do coñecemento relacionadas co Software Libre, este constitúe un área de traballo en crecemento. Este premio está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e un segundo premio de 750€. 

Durante esta xornada, o xurado decidirá entre os cinco proxectos finalistas, que farán unha breve intervención, e fará entrega do premio.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI