25 anos da rede en Galicia

Código Cero organiza o luns 12 de marzo o seu Foro Tecnolóxico "25 anos da Rede en Galicia", que se celebrará no Auditorio 2 do CINC, dando comezo ás 19:30 horas.

Este Foro rememora cando en febreiro de 1993 o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) se conectou por vez primeira coa rede de redes, Internet. Abría así na comunidade galega a porta de acceso a un novo mundo de intercambio de información, se ben naquel momento limitado a uns poucos ordenadores nas universidades e entidades públicas. Estas entidades poderían conectarse masivamente desde o posterior despregue da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia para darlles servizo desde 1995.

Participan neste foro o catedrático da USC e director do CESGA en 1993, Juan Casares-Long; o subdirector técnico do CESGA e técnico de RECETGA, primeira rede de comunicacións de Galicia, en 1993, José Ignacio López Cabido; o responsable de comunicación do CESGA en 1993, Juan Luis Ruiz Buján; o profesor emérito de Física Teórica e ex reitor da USC, Carlos Pajares; e o autor de "Historia da Informática. Unha cronoloxía", Henrique Neira.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h