A Fundación Cidade da Cultura retoma esta tarde as sesións formativas programadas no segundo Obradoiro de Novela Cidade da Cultura coa clase maxistral da escritora Arantza Portabales. A programación, que arrancara o pasado mes de marzo e tivera que ser adiada por mor do estado de alarma, continuará a desenvolverse ata o 23 de outubro con outras oito sesións teóricas da man de autores e autoras de éxito e profesionais do mundo editorial.
A xestora cultural Lola Correa (Vigo, 1962) vén de ser designada como nova directora de Escenas do cambio, o Festival de inverno de Teatro, Danza e Arte en acción da Cidade da Cultura e un dos máis vangardistas de Galicia nestas disciplinas.
Lola Correa, que foi directora durante 16 anos do Festival das Artes Escénicas de Vigo ALT, tomará as rendas xa da sétima edición, que se celebrará a principios do ano que vén, e cuxa programación estará enmarcada no Xacobeo 2021.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia acolle desde esta tarde e durante cinco semanas os traballos de gravación dos 50 concertos ao vivo de Galicia Emerxe, un novo programa musical creado pola Xunta de Galicia, que foi presentado hoxe polo conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, como parte do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19.
A Xunta de Galicia porá en valor a cultura urbana feita por mulleres en Galicia nunha xornada, que se celebrará o sábado 12 de setembro no Gaiás, e que inclúe faladoiros, unha mesa de debate, un e un concerto de peche coa compositora e intérprete viguesa High Paw.
O director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, deu esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras galegas que participan na décima edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN10. O Encontro, que promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento a través dunha residencia artística no Gaiás, está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura –enmarcándose ademais na programación do Xacobeo 2021– e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- …
- seguinte ›
- última »




