O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura á instalación en sala dunha das obras máis destacadas que se exhibirán na exposición Detrás do espello: o diario manuscrito do escritor austríaco Stefan Zweig, que por vez primeira se pode ver en España.
A Xunta vén de presentar o programa de Residencias Artísticas do Gaiás, REGA23, que prestará apoio ao desenvolvemento dunha vintena de novas propostas de vangarda aproveitando os espazos e recursos técnicos da Cidade da Cultura. Nesta edición, as residencias reforzan os seus vínculos con entidades galegas que traballan no ámbito da cultura e con organizacións e artistas de América Latina e da lusofonía en liña cos obxectivos do Plan Xeración Cultura.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou esta mañá o mural de Urbano Lugrís Translación do corpo do Apóstolo a Santiago, obra que a Xunta de Galicia vén de restaurar e recuperar para o patrimonio público e que se exhibe xa de xeito permanente na entrada principal do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.
A Cidade da Cultura recupera este ano o seu tradicional Baile de Entroido —que interrompera a súa celebración tras a pandemia— e convida ao público a unha divertida tarde de festa familiar na que a música de Paco Cerdeira Pakolas, e un gran baile de disfraces de temática relacionada coas viaxes no tempo serán os grandes protagonistas.
Preto de 300 instrumentistas e seis bandas e agrupacións musicais das cidades de Viveiro e Ferrol participan hoxe en Santiago de Compostela no certame BSO23 – Banda Sonora Orixinal da Túa Paixón, un encontro destinado a pór en valor o patrimonio musical que temos en Galicia vencellado ás celebracións da Semana Santa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- seguinte ›
- última »




