O ciclo Nexos abordará o vindeiro 18 de febreiro a crise existencial de Europa nunha nova sesión deste 2017. O convidado nesta ocasión será o sociólogo e filósofo Ignacio Sánchez-Cuenca, que disertará sobre o futuro da UE e a crecente corrente euroescéptica.
A estación de tren de Compostela converteuse este sábado nun improvisado escenario teatral coa preestrea da obra A veces creo que te veo do arxentino Mariano Pensotti, coa que Escenas do Cambio, festival de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura deu comezo esta mañá.
A Cidade da Cultura de Galicia vese na obriga de suspender a primeira sesión do ciclo Nexos do ano que, baixo o título O aforismo e a beleza da síntese, estaba previsto que tivese lugar este sábado na Biblioteca e Arquivo de Galicia. A repentina cancelación débese a problemas de saúde do relator, o profesor Jorge Wagensberg, que impiden o seu desprazamento a Compostela. A cancelación afecta tanto á sesión de adultos como á de infantil.
Unha vez se coñeza a nova data, será comunicada a través de cidadecultura.gal e as diferentes redes sociais da Cidade da Cultura.
Cuerdas de Pedro Solís e a galega Einstein-Rosen, de Olga Osorio foron as curtametraxes favoritas do público que participou esta fin de semana na Cidade da Cultura na primeira edición do PequeFilmes, Festival de Cine Infantil de Galicia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o vindeiro 24 de xaneiro no Gaiás unha xornada na que profundar na figura, o legado e a posta en valor do patrimonio literario e iconográfico de Cela. No marco da exposición CJC 1916-2016. O centenario dun Nobel.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- 208
- …
- seguinte ›
- última »




