Sala de prensa

 
Santiago, 13 de Febreiro de 2017

Rodrigo García, autor de obras irreverentes e “textos que estalan como bombas’, será o encargado de pechar este mércores, 15 de febreiro, Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción da Cidade da Cultura. Será cunha das súas obras cumio: Muerte y reencarnación en un cowboy, que terá lugar ás 20:30 horas no Museo Centro Gaiás.

Santiago, 07 de Febreiro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia celebra o vindeiro 27 de febreiro o seu tradicional Baile de Entroido cunha proposta moi viaxeira: A volta ao mundo en 80 Entroidos, dúas horas nas que adentrarse na tradición do noso Entroido e de diferentes países do mundo e bailar ao ritmo de DJ Bigote Mix as mellores cancións do Carnaval.

Santiago, 06 de Febreiro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o vindeiro 4 de marzo a sesión de Nexos cancelada en xaneiro. O aforismo e a beleza da síntese terá lugar a partir das 12:00 horas no auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia e contará coa presenza do profesor Jorge Wagensberg e a actuación musical da soprano Carmen Gurriarán e o pianista Pablo Seoane.

Santiago, 06 de Febreiro de 2017

A segunda semana de Escenas do Cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura estará protagonizada polo teatro galego. Chévere e Matarile celebran os seus trinta anos de historia con Cheverografías. Compostela 8717 e Antes de la metralla respectivamente.

Santiago, 01 de Febreiro de 2017

Un escaparate vivo do que acontece nas artes escénicas contemporáneas. Así definiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o festival ‘Escenas do Cambio’ durante a súa inauguración, que tivo lugar esta tarde na Cidade da Cultura de Galicia.

Páxinas