O ciclo Nexos abordará o vindeiro 18 de febreiro a crise existencial de Europa nunha nova sesión deste 2017. O convidado nesta ocasión será o sociólogo e filósofo Ignacio Sánchez-Cuenca, que disertará sobre o futuro da UE e a crecente corrente euroescéptica.
O auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá esta nova sesión do ciclo Nexos, onde Ignacio Sánchez-Cuenca, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III de Madrid e director do Instituto Carlos III – Juan March de Ciencias Sociais, abordará o panorama actual de Europa. Co aumento das desigualdades sociais, o auxe da xenofobia e o descrédito da política e da propia UE.
Tras o seu relatorio, o público asistirá a unha especie de teatro musicado a cargo do actor Evaristo Calvo e o músico Pablo Seoane. Baixo o título Parábase permanente, ambos os dous artistas realizarán unha visita ao son posible da comedia de Aristófanes e, polo tanto, aos ritmos primeiros da nosa cultura.
Como en todas as sesións de ‘Nexos’, os participantes foron convidados ao final das intervencións a un petisco cultural cortesía de Pan do Mar e Bodegas Martín Códax.
Sesión infantil paralela
Paralelamente, a Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá unha sesión infantil para nenos de 5 a 12 anos. Partindo de fichas sobre diversas cidades de Europa, que os participantes colorearán e ilustrarán con elementos senlleiros das mesmas, se elaborará un xogo d oca que lles permitirá viaxar por todo o continente –partindo de Santiago e coa meta en Bruxelas-.
Ambas as dúas actividades teñen entrada de balde mais é preciso inscribirse previamente en cidadedacultura.gal desde este luns, 30 de xaneiro.
