Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro

Con motivo do Día dos Arquivos, o Arquivo de Galicia pon en marcha a exposición Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro (1717-1784). Esta nova mostra, que se poderá contemplar ata o 17 de setembro, amosa documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia. En total, poderá verse un conxunto de 26 documentos e varios obxectos distribuídos en seis vitrinas, nas que se fai un breve percorrido pola biografía profesional de Álvarez de Neira e a súa participación directa nalgúns feitos históricos na súa condición de avogado, asesor de varias institucións, tenente de corrixidor da Coruña e deputado.

Ademais, do 12 ao 16 de xuño ofertarase o obradoiro Anatomía dun asasinato: o crime do marqués de Valladares, no que, partindo dalgúns dos documentos que forman parte da devandita exposición, se analizarán de forma dinámica e participativa as actuacións de todos os implicados neste suceso que conmocionou a sociedade da súa época. Tanto este obradoiro como as visitas guiadas á mostra esixen inscrición previa no teléfono 881 999 665 ou no enderezo electrónico arquivogalicia.cultura@xunta.es.

 

 
Exposicións
 
16 Mar - 20 Ago 2017
De 10 a 20
A liña Hejduk
7 Abr - 5 Nov 2017
De 10 a 20
Da árbore á cadeira
8 Abr - 18 Set 2017
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ - 17 Set 2017
De 10 a 20
Flor Novoneyra
31 Ago - 26 Nov 2016
De 8 a 20
A través dun horizonte sen corpo