Sala de prensa

 
Santiago, 04 de Abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o director xerente de Afundación, a obra social ABANCA, Pedro Otero, inauguraron esta mañá a exposición Outras historias posibles no Café Moderno Afundación de Pontevedra. A proposta promove unha mirada máis diversa sobre a arte contemporánea galega ao reivindicar as traxectorias de seis destacadas creadoras: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré. Comisariada por Susana Cendán, quen tamén estivo na inauguración, a mostra poderá visitarse ata o 30 de maio.

Santiago, 02 de Abril de 2025

O director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a exposición A Vía da Prata. Aires do Sur, unha mostra que reivindica o patrimonio cultural e histórico do Camiño de Santiago, a través da ollada dunha trintena de fotógrafos clásicos e contemporáneos. A mostra percorre 150 anos da historia da fotografía, desde pioneiros como Jean Laurent a J.

Santiago, 17 de Marzo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a programación de Escenas do cambio 2025, festival que aposta este ano máis ca nunca por transcender os límites físicos de territorios e escenarios para a creación escénica de vangarda. Do 8 ao 11 de maio, Escenas do cambio convoca na Cidade da Cultura e o Salón Teatro a artistas procedentes de oito países (España, Alemaña, Australia, Bélxica, Corea do Sur, Cuba, Portugal e Suíza) para dar forma a unha programación composta por 15 espectáculos que hibridan danza, teatro, música e artes vivas.

Santiago, 15 de Marzo de 2025

A Xunta de Galicia vén de convocar a decimo quinta edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura, que ofrece a 40 novos talentos da creación contemporánea a oportunidade de amosar no Gaiás o seu proxecto artístico, entrar en contacto con outros creadores, tanto noveis como consolidados, e optar a realizar unha residencia artística na Cidade da Cultura.

Páxinas