O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e a directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, María Pereira, participaron esta mañá na plantación de parte dos bidueiros exhibidos na intervención artística Betula Pendula, que se puido visitar nas Torres Hedjuk entre o 21 de mazo e o 19 de agosto.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán ao solpor da Cidade da Cultura de Galicia, despediuse o sábado pasado, día 18, co reguetón feminista de Tremenda Jauría, tras 21 actuacións ao aire libre e de balde cos que bateu o seu récord de participación con máis de 16.000 asistentes.
O reguetón feminista e combativo das madrileñas Tremenda Jauría suporá este sábado, día 18, un divertido e comprometido alfinete festeiro para pechar o Atardecer no Gaiás de 2018.
Atardecer no Gaiás chega xa á penúltima semana da súa edición 2018. Nesta ocasión, o ciclo de concertos que pon a banda sonora aos solpores do verán na Cidade da Cultura trae tres apostas orixinais, sorprendentes e reivindicativas chegadas de tres recantos da Península: Rodrigo Cuevas (Asturias), Pony Bravo (Andalucía) e Las Odio (Madrid).
A Cidade da Cultura convida as familias a gozar dunha nova edición de Cidade Imaxinaria, o tradicional festival lúdico e familiar que desde hai oito anos chega todos os agostos ao Gaiás –e que en 2018 por primeira vez ampliou a súa programación cunha edición de primavera o pasado mes de abril–.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- …
- seguinte ›
- última »




