Sala de prensa

 
Santiago, 03 de Setembro de 2018

O WOS Festival SON Estrella Galicia presentou hoxe a programación completa da súa quinta edición, que entre o 12 e o 16 de setembro despregará en Santiago unha ampla oferta musical baseada na música electrónica e experimental e noutras manifestacións artísticas, tamén situadas na vangarda cultural.

Santiago, 31 de Agosto de 2018
Exposición Baldomero Pestana (Foto: Óscar Corral)

Preto de 15.000 persoas achegáronse á Cidade da Cultura de Galicia para coñecer a obra de Baldomero Pestana, un dos grandes retratistas e fotógrafos sociais da segunda metade do século XX. A exposición Baldomero Pestana, a verdade entre as mans, coa que se reivindica o legado do fotógrafo galego (Castroverde, Lugo 1917-2015) pecha as súas portas o domingo día 2 de setembro no Museo Centro Gaiás.

Santiago, 30 de Agosto de 2018

As Torres Hejduk convértense desde hoxe e ata o 25 de novembro nun arquivo sonoro para rescatar a arquitectura galega desaparecida ou transformada, lonxe dos grandes relatos arquitectónicos presentes na contorna. Isto é posible grazas á intervención AAMA (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica), de Francisco Ramallo (Granada, 1974), inaugurada hoxe como clausura do Encontro de Artistas Novos 2018.

Santiago, 25 de Agosto de 2018

Cidade Imaxinaria Verán 2018 converteu o complexo arquitectónico do Gaias nun mundo de fantasía con dragóns xigantes corricando e xogando coa cativada por todos os recunchos, e números acrobáticos que cativaron os centos de familias que asistiron esta tarde á Cidade da Cultura de Galicia para gozar de espectáculos, obradoiros e xogos, de balde e ao aire libre.

Páxinas