Sala de prensa

 
Santiago, 15 de Abril de 2019

Logo de que o Consello da Xunta aprobara o pasado xoves o acordo co Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) para trasladar o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe, durante o acto de sinatura, que esta nova incorporación ao Edificio Fontán contribuirá a seguir facendo do Gaiás un polo de cultura, coñecemento e investigación.

Santiago, 12 de Abril de 2019

O Museo Centro Gaiás abre ao público Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia, exposición coa que a Xunta quere pór en valor a calidade e proxección internacional da artesanía galega.

Santiago, 11 de Abril de 2019

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou na rolda de prensa de Consello, da autorización dun convenio co Consello Superior de Investigacións Científicas para trasladar o Instituto de Ciencias do Patrimonio, Incipit, creado en 2010, ao novo edificio Fontán da Cidade da Cultura.

Santiago, 11 de Abril de 2019

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura acolleu esta tarde a segunda edición do CreaGaiás, no marco do cal foron entregados os galardóns de dous certames de fotografía dirixidos a instagrammers e fotógrafos amadores que retratasen dun xeito creativo o día a día no viveiro e coworking do Gaiás.

Santiago, 10 de Abril de 2019

A Cidade da Cultura de Galicia puxo hoxe o foco no importante valor do fútbol como ferramenta de inclusión social e superación persoal na mesa redonda organizada esta tarde, dentro da variada programación de actividades ao redor da exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, que acolle ata o 1 de setembro o Museo Centro Gaiás.

Páxinas