A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día das Letras Galegas cunha lectura participativa e polas redes sociais, o mesmo 17 de maio, de obras do homenaxeado neste 2019, Antonio Fraguas (Cerdedo, 1905 –Santiago de Compostela, 1999).
O vindeiro sábado 18 de maio o Museo Centro Gaiás volve converterse nun fervedoiro de actividade con motivo dos festexos do Día Internacional dos Museos (DIM19). A Cidade da Cultura propón un amplo programa, enteiramente de balde, que inclúe edicións especiais das visitas comentadas ás exposicións, obradoiros de artesanía nos que se conxuga tradición e creación contemporánea e un vermú musical con piano-bar ambientado nos anos 30 e 40 no Hall de Tirantes do Museo.
O Gaiás vén de convocar unha nova edición o seu Encontro de Artistas Novos - Cidade da Cultura (#EAN9) que, co obxectivo de apoiar a arte emerxente e promover a creación contemporánea, ofrece a novos e novas creadoras a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no complexo da Cidade da Cultura.
A VI Carreira Camiño das Letras renderalle tributo a Antonio Fraguas Fraguas, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, o propio 17 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. A Consellería de Cultura e Turismo, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e no seu director xeral de Políticas Culturais, Anxo M.
A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o sábado 25 de maio Cidade Rompetiño, unha xornada de oito horas de música, deporte e cultura urbana, que dá resposta a un alto interese de xente nova que vincula o seu lecer a actividades deportivas —como parkour ou skate— e estreitamente ligadas á música de estilos hip-hop ou hall-dance.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- …
- seguinte ›
- última »




