A Cidade da Cultura pon en marcha a partir do 13 de abril un novo servizo de visitas comentadas, Gaiás secreto, que amosará a súa arquitectura e as súas zonas naturais dun xeito máis exhaustivo, á vez que terá un compoñente máis exclusivo, ao incorporar lugares habitualmente restrinxidos ao público como son a galería subterránea que comunica o complexo, as sobrecubertas dos edificios e os sofisticados depósitos bibliográficos.
A Cidade da Cultura e a asociación Autismo BATA queren promover a integración social das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) coa exposición 30 anos imaxinando futuros, que desde hoxe ata o 17 de abril pode visitarse na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia.
O encontro Atlantic Emprende + Gaiás, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo para analizar e debater sobre as transformacións e os retos na industria da música e da organización de festivais, arrancou esta mañá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. O evento, que se desenvolve hoxe sábado durante todo o día, combina relatorios de expertos e expertas do sector, actuacións en directo das bandas galegas Marem Ladson e Mordem, unha exposición de carteis realizados polo recoñecido deseñador catalán Xavi Forné (do estudio Error!
As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán’02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia no vindeiro mes de xuño tras o éxito da súa primeira entrega, que dedicada ao baile e á música tradicional congregou no Gaiás máis de 7000 persoas.
A Cidade da Cultura celebrará o venres 26 de abril un concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na Biblioteca e Arquivo de Galicia, dentro do programa de actividades da Dirección Xeral de Políticas Culturais para conmemorar o Día do Libro
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- …
- seguinte ›
- última »




