O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, participaron na xornada técnica sobre bibliotecas especializadas e centros de documentación que se está a celebrar hoxe no auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura.
A Xunta de Galicia programa para este Verán no Gaiás un cento de actividades pensadas para todos os públicos e cun amplo e variado abano de contidos, que inclúen música, acampadas, arte, obradoiros de artesanía, astronomía ou circo.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, pechou hoxe un acordo en Roma coa Biblioteca Apostólica Vaticana para exhibir, por primeira vez xuntas en Galicia, dúas pezas de alto valor simbólico para a cultura galega: o Liber Sancti Iacobi, un dos tres únicos códices calixtinos iluminados, ademais do orixinal de Santiago, que se conservan no mundo, e o Cancioneiro da Vaticana, peza imprescindible da lírica galaico-portuguesa que será a primeira vez que se poida visitar na nosa comunidade.
Medio milleiro de persoas, entre elas moita cativada, participaron este sábado, día 8, na divertida carreira da Holi Gaiás, unha competición lúdica, de carácter familiar, amenizada con música de baile e co lanzamento dunha poeira colorista.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- …
- seguinte ›
- última »





