Sala de prensa

 
Santiago, 17 de Febreiro de 2012

Creadores e empresarios coincidiron en que a capacidade de risco e creatividade é o eixo común para robustecer os tecidos cultural e económico. A clausura foi tamén o escenario para o debate sobre o importante peso desoutras manifestacións culturais que se dan á marxe de grandes macroproxectos empresariais, pero que teñen un importante peso creativo.

Santiago, 06 de Febreiro de 2012

Os participantes contarán cun programa formativo exclusivo con clases prácticas, encontros “cara a cara” a cargo dos seis músicos convidados, ademais de foros, debates participativos e un concerto no Museo de Galicia Xunto a Paquito D’Rivera, Galician Connection contará coa presenza dos galegos Guadi Galego e Anxo Pintos, un dos máximos expoñentes da cultura tradicional chinesa Wu Tong, o mestre de táboa india, Sandeep Das e unha das figuras máis influíntes dentro do “tango-jazz”, Emilio Solla O programa inclúe un Foro no que se abordará a World Music dende o punto de vista da programación e aberto a 50 persoas máis a un prezo de 10€; e un concerto de clausura no Museo de Galicia o venres á noite a cargo dos músicos convidados

Santiago, 23 de Xaneiro de 2012

Faino a través do proxecto Fluxograma, de Anna Carreras e Ramón Illobre
O público poderá realizar unha creación nas estacións de debuxo virtual instaladas no novo edificio e proxectala nas paredes do Museo
O secretario xeral de Cultura presentou esta mañá a iniciativa, que se enmarca na exposición Inside
Desde hoxe, pode visitarse o Museo sen previa reserva, e antes da súa inauguración, para descubrir a beleza dun referente arquitectónico do século XXI

Santiago, 05 de Xaneiro de 2012

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia amosa o seu pesar polo falecemento do intelectual galeguista, pintor, ceramista e deseñador Isaac Díaz Pardo, figura clave da Galicia do século XX. Impulsor do Laboratorio de Formas, Cerámicas O Castro, Sargadelos ou Ediciós do Castro, consagrou a súa vida a impulsar e fomentar a cultura galega. Irrepetible pensador e emprendedor, o seu legado é xa parte da nosa Historia.

Páxinas