Sala de prensa

 
Santiago, 29 de Xaneiro de 2018

A programación do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio bota a andar este xoves, día 1, no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura de Galicia, coa aclamada versión de Tiago Rodrigues de ‘Antonio e Cleopatra’, de Shakespeare.

Santiago, 27 de Xaneiro de 2018

O ciclo de cultura contemporánea Nexos inaugurou este sábado na Cidade da Cultura de Galicia a súa sexta edición, composta por cinco sesións ata o 16 de xuño, moderadas por Marcos Lorenzo. Esta sesión de partida tivo como protagonista a coñecida filósofa e xestora cultura Carolina del Olmo para analizar as contradicións da sociedade actual, a través da maternidade, a crianza e as políticas de conciliación existentes.

Santiago, 26 de Xaneiro de 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de pór en marcha a transformación do baleiro deixado pola paralización do Teatro da Música do Gaiás nun xardín de 11.574 metros cadrados, denominado Xardín do Teatro, que contará con especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques, instalacións para practicar deportes urbanos e áreas de lecer para gozar da natureza.

Santiago, 23 de Xaneiro de 2018

A curtametraxe checa ‘Awaker’, de Filip Diviak e a francesa de ‘Les Pionniers de l´Univers’ de Benjamin Bernon, Clémentine Courbin, Matthieu Guevel, Anthony Rege e Jérôme Vanbeneden foron as favoritas da cativada que asistiu esta fin de semana, na Cidade da Cultura de Galicia, ao Festival Pequefilmes, que rexistrou preto de 1.600 asistentes, superando as cifras da primeira edición do pasado ano.

Santiago, 21 de Xaneiro de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia promove o cinema infantil coa celebración do Festival ‘Pequefilmes’, que na súa segunda edición proxecta durante esta fin de semana máis dun cento de curtametraxes, distribuídas en 23 sesións e procedentes de 33 países dos cinco continentes, que son complementadas con obradoiros de animación audiovisual tamén dirixidos á cativada.

Páxinas