A Consellería de Cultura e Turismo celebra o vindeiro sábado 24 de agosto unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, convidando as familias a gozar dunha tarde lúdica ao aire libre, con entrada de balde, que transforma o complexo do Gaiás nun sorprendente mundo de fantasía.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, encara a súa penúltima semana con ritmos contundentes de tres bandas enteiramente femininas, con estilos moi distintos, que veñen pisando forte. O xoves subirán ao Escenario Alhambra as galegas Agoraphobia, coa súa efectiva mestura de garage, indie e punk rock. O venres será o turno das composicións rebeldes e tropicais das Kumbia Queers, mentres que o sábado volvemos cambiar de rexistro coas catalás Las Migas e o seu flamenco fresco e desenfadado.
A Xunta de Galicia abrirá o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura ao público á noitiña coas visitas especializadas As Nocturnas.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, permite esta semana —a primeira da programación do mes de agosto— a descuberta de grupos emerxentes do panorama musical nacional, como os granadinos Apartamentos Acapulco; o post rock dos galegos Malraio; e o electropop Monterrosa.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, coincide esta semana coa celebración do Día de Galicia, polo que comezará o venres —e non o xoves— para deixar gozar dos festexos desta importante efeméride.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- …
- seguinte ›
- última »




