A Cidade da Cultura de Galicia ofrecerá o sábado 7 de novembro un obradoiro de balde de pandeireta co prestixioso músico Xabier Díaz, dentro da programación de actividades dos Magostos no Gaiás 2020, que nesta edición celebraranse coas actuacións de Luar na lubre, Sumrrá e Milladoiro o 24 e 31 de outubro e o 14 de novembro, respectivamente.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou esta mañá que o Fontán, o edificio que completará o proxecto da Cidade da Cultura de Galicia, estará rematado na primavera de 2021.
A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes Inside out, Le Havre, Ma vie de courgette e
A Cidade da Cultura celebrará os sábados 24 e 31 de outubro e 14 de novembro os seus Magostos no Gaiás, amenizados cada un deles coa música de raíz de Luar na lubre, de jazz contemporáneo de Sumrrá e cos inconfundibles sons de folk celta de Milladoiro.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Concepción Arenal: Bicentenario 1820-2020, unha mostra coa que a Xunta de Galicia rende homenaxe a esta autora e que reúne varias das súas primeiras composicións, incluídas as reproducións dalgunha das súas cartas, como a que custodia a Biblioteca do Mosteiro de Poio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- …
- seguinte ›
- última »




