Voluntariado Miúdo Móvete

Ao igual que en pasadas edicións, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realiza un encontro do programa Voluntariado Miúdo, posto en marcha no ano 2016 e destinado á educación primaria, que xunto cos programas Pasaporte Solidario e Rede de Centros escolares Solidarios completa o ciclo da formación en materia de voluntariado na educación obrigatoria e bacharelato.

O proxecto pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade.

Os obxectivos principais do programa son:

  • A inmersión nos valores solidarios e na acción voluntaria dende o comezo da etapa educativa obrigatoria.
  • O traballo dos valores solidarios dende un contexto lúdico empregando a música como un mecanismo motivacional.

Co fin de acadar os obxectivos propostos deseñouse un proxecto en base á canción “Móvete” de Paco Nogueiras, canción que se emprega como instrumento didáctico inspirador dunha parte do proxecto, e que serve de reforzo aos nenos e nenas implicados.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI